Achégase o Día da Muller e dende a biblioteca do noso cole queremos visibilizar a importante labor de todas as mulleres do mundo ao longo da historia, dende as que foron pioneiras como as que seguiron camiño. Por iso estamos argallando unha actividade especial para conmemorar o 8 de marzo pero para ir abrindo boca deixamos unha mostra dos libros que mercamos. Pásate e bótalles un ollo!
V edición “Un Nadal diferente”
O 20 de decembro celebrouse na biblioteca do cole a gala de entrega de premios da V edición do consurso de contos “Un Nadal diferente”. Pasámolo moi ben entregándolle os premios tanto aos gañadores e gañadoras dos diferentes ciclos como a todos os participantes.
Aquí podedes ver algunhas das fotos tomadas.
Noraboa a todos os participantes e especialmente a Isabella, Daniela, Icía, Emma, Elena, Gael, Cristian, Teresa, Xiana, Aroa e ao alumnado de 1º de EP.
Recomendacións Nadal 2018
Xa se achega…o Nadal!
Achégase o Nadal e na biblio sentímolo. Por iso poderás atopar unha selección de libros de temática do Nadal. Pásate e escolle o que máis che guste! Hainos para todos os gustos!
De 3 anos en adiante.
Adivinanzas de Navidad: Un libro cheo de adiviñas para poñer a traballar o teu cerebro.
Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis: Todo un clásico que non podía faltar na nosa biblio.
De 6 anos en adiante.
Marcela en Navidad: É Nadal e Marcela pérdese no medio na cidade. Que lle pasará?
Olivia recibe la Navidad: Pásao pipa con Olivia e as súas aventuras. Sempre fai algunha trasnada.
De 9 anos en adiante:
La Navidad de Los Cinco: Un ladrón rouba os agasallos de Nadal! Que pasará despois?
Papá Noel: Non sei se Papá Noel é como o imaxinas. Realmente é un home moi gruñón…
Para escoitar:
Swinging Christmas: Se ademais de ler unha historia de Nadal queres escoitar fermosas cantigas este libro é para tí.
Lapismán recomenda…
Acaban de chegar á biblioteca un montón de novidades que podes consultar no expositor.
Hoxe vouvos amosar tres recomendados para as nenas e nenos de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria.
La cueva: É o fogar dalguén moi chiquitín que nunca sae da casa por culpa do lobo.
La superchef: Ninguén nace “aprendido”. Aprenderás con este libro a tratar a frustración.
No abras este libro: Non podo dicir máis. Nin se che ocorra abrilo!!!
Lapismán recomenda…
Estás aburrido e non sabes que facer? Ou queres pasar un intre divertido con algún libro da nosa biblioteca? Pois estás de sorte porque Lapismán contoume que o pasou pipa lendo os que che vou amosar.
Todos eles pertencen ao xénero de banda deseñada e son divertidísimos.
Trik trak está pensado para os pequerrechos xa que non ten palabras. Toda a historia está contada mediante imaxes de sinxela interpretación e conta as peripecias dunha pequena escavadora.
Super PATATA relata a historia dun tubérculo que loita contra o Doutor Malévolo para impedir que convirta en patata a todo aquel que lle leve a contraria. Se sabes ler, este cómic é para tí!!!
Batu é unha rapaza cunha curiosidade infinita que a leva a vivir grandes aventuras xunto o seu can Tútum. Seguro que non te aburrirás!!!
Pásate pola biblio!!!
Creacións terroríficas.
Por mor do Samaín a rapazada do cole elaborou murais e escribiu contos relacionados coa temática do medo e do terror. Pero que non vos asusten! Podedes botarlles unha ollada no corredor da planta baixa do cole.
Aquí vos deixamos unhas fotos.
María e as pantasmas.
Xa podedes escoitar o audioconto “María e as pantasmas” creado, ilustrado e narrado polo alumnado de 3ºA do noso centro como actividade promovida pola biblioteca do centro. Esperamos que vos guste!
O Samaín xa está aquíiiiii!!!
24 de outubro.Día das bibliotecas escolares.
O pasado mércores 24 de outubro celebramos no cole o día das bibliotecas escolares. Levamos a cabo unha actividade na que participou todo o alumnado e a verdade é que o resultado foi estupendo.
A rapazada dos cursos superiores (4º, 5º e 6º de EP) contoulle un conto aos compañeiros e compañeiras dos cursos inferiores. Para iso estiveron practicando varios días no cole, porque querían que a experiencia resultara estupenda!
Aquí vos deixamos fotografías do momento. Esperamos que vos gusten!!!