Lapismán recomenda…

Estás aburrido e non sabes que facer? Ou queres pasar un intre divertido con algún libro da nosa biblioteca? Pois estás de sorte porque Lapismán contoume que o pasou pipa lendo os que che vou amosar.

Todos eles pertencen ao xénero de banda deseñada e son divertidísimos.

Trik trak está pensado para os pequerrechos xa que non ten palabras. Toda a historia está contada mediante imaxes de sinxela interpretación e conta as peripecias dunha pequena escavadora.

Super PATATA relata a historia dun tubérculo que loita contra o Doutor Malévolo para impedir que convirta en patata a todo aquel que lle leve a contraria. Se sabes ler, este cómic é para tí!!!

Batu é unha rapaza cunha curiosidade infinita que a leva a vivir grandes aventuras xunto o seu can Tútum. Seguro que non te aburrirás!!!

Pásate pola biblio!!!