Novidades que falan de mulleres.

Achégase o Día da Muller e dende a biblioteca do noso cole queremos visibilizar a importante labor de todas as mulleres do mundo ao longo da historia, dende as que foron pioneiras como as que seguiron camiño. Por iso estamos argallando unha actividade especial para conmemorar o 8 de marzo pero para ir abrindo boca deixamos unha mostra dos libros que mercamos. Pásate e bótalles un ollo!

V edición “Un Nadal diferente”

O pase de diapositivas require JavaScript.

O 20 de decembro celebrouse na biblioteca do cole a gala de entrega de premios da V edición do consurso de contos “Un Nadal diferente”. Pasámolo moi ben entregándolle  os premios tanto aos gañadores e gañadoras dos diferentes ciclos como a todos os participantes.

Aquí podedes ver algunhas das fotos tomadas.

Noraboa a todos os participantes e especialmente a Isabella, Daniela, Icía, Emma, Elena, Gael, Cristian, Teresa, Xiana, Aroa e ao alumnado de 1º de EP.

Creacións terroríficas.

Por mor do Samaín a rapazada do cole elaborou murais e escribiu contos relacionados coa temática do medo e do terror. Pero que non vos asusten! Podedes botarlles unha ollada no corredor da planta baixa do cole.

Aquí vos deixamos unhas fotos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

O Samaín xa está aquíiiiii!!!

Algo está a pasar! O cole estase a transformar!

As meigas, as pantasmas e os morcegos estannos a invadir!E é que o Samaín xa está aquí!

Por iso podedes pasar pola biblioteca e escoller algún conto de medo da selección que preparamos. Lapismán está seguro de que o pasaredes de meeeedo!

24 de outubro.Día das bibliotecas escolares.

O pasado mércores 24 de outubro celebramos no cole o día das bibliotecas escolares. Levamos a cabo unha actividade na que participou todo o alumnado  e a verdade é que o resultado foi estupendo.

A rapazada dos cursos superiores (4º, 5º e 6º de EP) contoulle un conto aos compañeiros e compañeiras dos cursos inferiores. Para iso estiveron practicando varios días no cole, porque querían que a experiencia resultara estupenda!

Aquí vos deixamos fotografías do momento. Esperamos que vos gusten!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 

Visita á Biblioteca Municipal

Hoxe, os nenos e nenas de 2º de EP visitaron a Biblioteca Municipal de Narón. Alí puideron ver como se ordenan os libros, as revistas e resto de fondos documentais. Visitaron os arquivos, as salas de estudo e por último disfrutaron dun teatro de sombras e dunha curtametraxe. Pasárono pipa!!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.