No Samaín contamos co medo!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Este Samaín os nosos nenos e nenas crearon as súas propias historias de medo relacionándoas cos contos tradicionais do proxecto “Había dúas veces”. Como saíron fantásticas contáronnolas no ximnasio do cole. Case morremos co medo!!!

III edición “Un Nadal diferente”

O pase de diapositivas require JavaScript.

Como xa é tradición, este ano tamén convocamos o concurso literario “Un Nadal diferente” que acadou un satisfactorio índice de participación. Aquí vos amosamos fotografías tomadas na entrega de premios. Noraboa aos premiados e premiadas!!!

No día do Libro…”MAGO ROSA”

 

No día do libro o alumnado do noso cole puido disfrutar da historia de Mago Rosa, un conto da editorial OQO que podedes atopar na biblioteca do centro. E que ten de especial esta historia…? preguntarédesvos. Pos nin máis sin menos que o alumnado de 3 anos fixo a súa propia versión e elaborou unha estupenda curta de animación!!!  E no día do libro presentáronnola en primicia!!! Aquí a podedes ver. Esperamos que vos guste!!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Feliz Feroz, o lobiño riquiño.

O pasado 6 de abril visitounos Iago, un estupendo contacontos que nos dramatizou a historia de Feliz Feroz, un lobiño que non tiña nada de malo escrita polo Hematocrítico. Pasámolo moi ben escoitando a historia e vendo aos nosos compañeiros e compañeiras convertidos en lobo, Carapuchiña  e outras personaxes.

Aquí podedes ver imaxes da sesión!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Outra vaca máis no millo.

O pasado 1 de abril o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP disfrutou dunha charla informativa sobre a celiaquía da man de Dámaris Gago que axudada da vaca Paca aprendeu ao noso alumnado a coñecer alimentos sen glute e o etiquetado dos produtos libres desta proteína.

Aquí podedes ver imaxes dese día.

O pase de diapositivas require JavaScript.

“Maruxa” no día Da Muller.

Xa se achega o Día da Muller. O vindeiro 8 de marzo celebrarémolo no cole e por iso Lapismán vos recomenda ler “Maruxa”, un álbum ilustrado de OQO editora galardonado co COOKBOOK GOURMAND AWARD 2014.

Podedes atopar o libro na biblioteca. Preguntade por el para facer o empréstito pero aquí vos deixamos o enlace para que o poidades ver na web.

Ademais vos deixamos o videoclip que fixeron os nenos e nenas do CEIP  Coirón Dena, en Pontevedra.

 

Tamén vos deixamos unha chea de actividades que podedes facer.

Actividades Maruxa

Animámosvos a crear os vosos propios proxectos sobre Maruxa e Benito!!!

Presentacións de “Nobel”

Polo día da Paz os nenos e nenas do cole investigaron sobre premios Nobel da Paz outorgados a personalidades ou organizacións de cada un dos continentes. Despois elaboraron presentacións para darllos a coñecer aos compañeiros e compañeiras.

Aquí podedes ver unha mostra das fotos que quitamos!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.