Novidades que falan de mulleres.

Achégase o Día da Muller e dende a biblioteca do noso cole queremos visibilizar a importante labor de todas as mulleres do mundo ao longo da historia, dende as que foron pioneiras como as que seguiron camiño. Por iso estamos argallando unha actividade especial para conmemorar o 8 de marzo pero para ir abrindo boca deixamos unha mostra dos libros que mercamos. Pásate e bótalles un ollo!

Xa se achega…o Nadal!

porta biblio nadal

Achégase o Nadal e na biblio sentímolo. Por iso poderás atopar unha selección de libros de temática do Nadal. Pásate e escolle o que máis che guste! Hainos para todos os gustos!

Adivinanzas de Navidad  Sin t’tulo-1De 3 anos en adiante.

Adivinanzas de Navidad: Un libro cheo de adiviñas para poñer a traballar o teu cerebro.

Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis: Todo un clásico que non podía faltar na nosa biblio.

 

mARCELA EN NAVIDAD  olivia recibe la navidadDe 6 anos en adiante.

Marcela en Navidad: É Nadal e Marcela pérdese no medio na cidade. Que lle pasará?

Olivia recibe la Navidad: Pásao pipa con Olivia e as súas aventuras. Sempre fai algunha trasnada.

 

la navidad de los cicno_De 9 anos en adiante:  papa noel_

La Navidad de Los Cinco: Un ladrón rouba os agasallos de Nadal! Que pasará despois?

Papá Noel: Non sei se Papá Noel é como o imaxinas. Realmente é un home moi gruñón…

103273_Cub_Swinging_Christmas.indd

 Para escoitar:

Swinging Christmas: Se ademais de ler unha historia de Nadal queres escoitar fermosas cantigas este libro é para tí.

 

 

Lapismán recomenda…

Acaban de chegar á biblioteca un montón de novidades que podes consultar no expositor.

Hoxe vouvos amosar tres recomendados para as nenas e nenos de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria.

La cueva: É o fogar dalguén moi chiquitín que nunca sae da casa por culpa do lobo.

La superchef: Ninguén nace “aprendido”. Aprenderás con este libro a tratar a frustración.

No abras este libro: Non podo dicir máis. Nin se che ocorra abrilo!!!

Lapismán recomenda…

Estás aburrido e non sabes que facer? Ou queres pasar un intre divertido con algún libro da nosa biblioteca? Pois estás de sorte porque Lapismán contoume que o pasou pipa lendo os que che vou amosar.

Todos eles pertencen ao xénero de banda deseñada e son divertidísimos.

Trik trak está pensado para os pequerrechos xa que non ten palabras. Toda a historia está contada mediante imaxes de sinxela interpretación e conta as peripecias dunha pequena escavadora.

Super PATATA relata a historia dun tubérculo que loita contra o Doutor Malévolo para impedir que convirta en patata a todo aquel que lle leve a contraria. Se sabes ler, este cómic é para tí!!!

Batu é unha rapaza cunha curiosidade infinita que a leva a vivir grandes aventuras xunto o seu can Tútum. Seguro que non te aburrirás!!!

Pásate pola biblio!!!

O Samaín xa está aquíiiiii!!!

Algo está a pasar! O cole estase a transformar!

As meigas, as pantasmas e os morcegos estannos a invadir!E é que o Samaín xa está aquí!

Por iso podedes pasar pola biblioteca e escoller algún conto de medo da selección que preparamos. Lapismán está seguro de que o pasaredes de meeeedo!

Itinerario Lector curso 15/16

Educación Infantil

3 anos:

Iago e Uxía ( Liesbet Slegers, ed. Tambre)

Que llega el lobo! (Émile Jadoul, ed. Edelvives)

El pollo Pepe (Nick Denchfield, ed. SM)

4 anos:

A Xoaniña Rosmona ( Eric Carle, ed. Kalandraka)

Papá, por favor, consígueme la luna ( Eric Carle, ed. Kókinos)

A qué sabe a lúa? ( Michael Grejniec, ed. Kalandraka)

5 anos:

Elmer (David Mckee, ed. Beascoa)

Mariluz avestruz (Rachel Chaundler&Bernardo Carvalho, ed. OQO editora)

Macario (Rachel Chaundler&Bernardo Carvalho, ed. OQO editora)

Educación Primaria

1º e 2º:

 El Grúfalo (Julia Donalson& Macmillan Heinemann, ed. Macmillan Publishers)

Cocorico ( Marisa Nuñez& helga Bansch, ed. OQO editora)

3º e 4º:

As laranxas máis laranxas de todas as as laranxas ( Carlos Casares, Ed. Galaxia)

Cuentos en versos para niños perversos ( Roald Dahl, Ed. Alfaguara)

5º e 6º:

 Contos por palabras ( Agustín Fernández Paz& Enjamio, ed. Xerais)

Las brujas ( Roald Dahl, ed. Alfaguara)