Mochilas viaxeiras listas para viaxar!!!

Xa están listas as mochilas viaxeiras e están desexando comezar a súa andaina polos fogares das nenas e nenos do noso cole. Queres levar unha para casa? Pois sigue lendo para saber como tes que facer

IMG-20150915-WA0005

As mochilas viaxeiras están cheas de contos, DVD, receitas de cociña e cómic para toda a familia e prestaranse aos nenos e nenas de Infantil de 5 anos, 2º, 4º e 6º de EP. Levaranas para casa aqueles alumnos e alumnas que llo pidan ao titor ou titora. Así se elaborará unha listaxe e se crearán as quendas de empréstito.  E non esquezas respectar eses turnos  para que lles de tempo a visitar todos os fogares.