Novo curso!Arrancamos!

Comeza un novo curso e con el novas actividades dende a biblioteca do noso centro. Desexamos que o que fagamos este ano vos anime a participar.

Lapismán aledarase moitísimo de vervos e as profes e os profes tamén!

cdu-ilustrada_final.png

Concurso de relatos de meeeedo.

O pasado venres 27 de outubro celebramos a entrega de premios do concurso de debuxos e relatos de medo. Foi toda unha experiencia escoitar as fantásticas historias que saíron das cabeciñas dos nosos nenos e nenas.

Noraboa aos premiados e premiadas!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Visita á Biblioteca Municipal

Hoxe, os nenos e nenas de 2º de EP visitaron a Biblioteca Municipal de Narón. Alí puideron ver como se ordenan os libros, as revistas e resto de fondos documentais. Visitaron os arquivos, as salas de estudo e por último disfrutaron dun teatro de sombras e dunha curtametraxe. Pasárono pipa!!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

No Samaín contamos co medo!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Este Samaín os nosos nenos e nenas crearon as súas propias historias de medo relacionándoas cos contos tradicionais do proxecto “Había dúas veces”. Como saíron fantásticas contáronnolas no ximnasio do cole. Case morremos co medo!!!

III edición “Un Nadal diferente”

O pase de diapositivas require JavaScript.

Como xa é tradición, este ano tamén convocamos o concurso literario “Un Nadal diferente” que acadou un satisfactorio índice de participación. Aquí vos amosamos fotografías tomadas na entrega de premios. Noraboa aos premiados e premiadas!!!